
[Foto. ANT]
Este mediodía, por se alguén tiña algunha dúbida ao respecto, o pobo galego volveu manifestarse de xeito masivo e contundente a prol do seu principal signo identitario: a lingua.
Milleiros de persoas chegadas de todos os lugares de Galicia quixeron amosar hoxe o seu rexeitamento absoluto para co novo decreto do galego auspiciado por un goberno acomplexado e contrario aos intereses do país que representan. Eles, os túzaros, fieis á súa incompetencia e mediocridade natural, conseguiron inventar un problema onde nunca existíu. O seu partidismo, o seu desleixo pola cultura e pola historia do noso milenario país, provocou unha reacción social de tal envergadura que nin os máis upeydianos, sabaterianos e galiciabilingueiros acaban de comprender. E é que estes mamarrachos dereitosos, politiquillos de tres al cuarto, teñen tal cacao mental que nin aos deles convencen para a causa.
A manifestación, organizada pola plataforma "Queremos Galego", ateigou a capital galega até o extremo de que a varios milleiros de persoas foilles materialmente imposible entrar na praza do Obradoiro por mor da inxente cantidade de asistentes. Agora chega o turno das valoracións, dos datos e das cifras. Algúns falarán de 60.000 almas presentes, outros deixarán a cousa en 20.000 e así sucesivamente. O que está claro -e diso podemos dar fiel testemuño os que alí nos atopabamos- é que tanto na principal praza compostelá (da que se di que alberga unhas 30.000 persoas aproximadamente) coma nas máis importantes rúas do casco vello da cidade non collía un alfiler, proba inequívoca de que o éxito da convocatoria está máis que garantido.
Mentres agardamos os resultados "oficiais" da exitosa e histórica manifestación, déixovos este enlace da noticia elaborada por EL PAÍS.




21/01/10 as 09:08
Hoxe puidemos escoitar a dignidade do noso pobo. Agora, as cifras son o de menos, o importante é o sentimento e unión que vivimos alí...
Non poderán con nós, camarada!!.
Unha aperta.
21/01/10 as 11:16
Temos moitos frentes abertos compañeiro;isto fai a ser longo e duro....
22/01/10 as 12:14
Por certo Modesto, xa atopei o dvd das xornadas de Cipriano Fernandez, este fin de semana xa está a túa disposición.
22/01/10 as 09:31
Eh,Modesto,como se aprobe o decretazo xa che vexo poñendo a mitade da paxina en castelan,e un pouqiño en injles.
22/01/10 as 03:27
HAHAHAHAHA!!! Propoño que o modesto faga unha consulta aos pais dos que seguimos o seu blog, para ver se queren que as entradas sexan en Galego ou en spanglish!! (xd)
Foi un grandísimo día, pero isto só é o comezo. Queda unha longa batalla que tumbará ao Feijoo dentre de 3 anos!!!
24/01/10 as 12:06
Irmán, a ver si fas un post de fisterra fin do camiño que nos andan dando por todas partes e non podemos quedar calados, unha aperta enorme
28/02/10 as 05:50
ZNsaQK <a href="http://nujepntknbcn.com/">nujepntknbcn</a>, [url=http://lnvxmfnadpqa.com/]lnvxmfnadpqa[/url], [link=http://pdtzqplkbuwc.com/]pdtzqplkbuwc[/link], http://moyqysstxkuw.com/