Entrevista na Radio Galega

publicado o 14 Xaneiro de 2010 ás 17:30 por Modesto Fraga.

[ Imprimir :: Enviar a un amigo ]

isabel_freire_400

Este sábado, a partires das 12:30 horas, teño previsto intervir no programa "Coñecer Galicia" que dirixe a xornalista Isabel Freire. Será para falar de Fisterra, das súas impresionantes paisaxes, da súa tentadora gastronomía, da súa primorosa historia (pasada e presente).

Imaxino que, como de costume, acabarei caendo no meu habitual chauvinismo, na miña coñecida e esaxerada reverencia ao terruño matricial. Mais, a dicir verdade, nos tempos que corren, vendo as últimas campañas de acoso e derribo que padece o noso Finis Terrae (posible desmantelamento dos servizos que desde hai varias décadas presta na localidade o ISM; incomprensible e vergoñenta campaña do concello de Muxía para reivindicar aquela vila como "Fin do Camiño" co que isto representa, etc) non vén nada mal un pouco de amor propio aínda que só sexa a modo de terapia radiofónica. Así que a ver se non me cruzo demasiado, que o sangue ferve e moito.


Hai 5 Comentarios sobre este texto:

  1. Carmen di:

    A entrevista promete Modesto, non te cortes e di o que pensas. Fisterra unico fin do camino.Muxia envidia cochina.

  2. JMVelay di:

    Xa cho dixen polo Facebook;aproveita a ocasión...tí xa sabes como facelo.

  3. Xoán S. Pazos di:

    bueno, xa sabes que che teño que rogar que defendas a fisterra coma unico fin do camiño. temos que aproveitar as voces publicas da nosa vila para protexer o noso patrimonio.
    Un saudo e sorte nas ondas.

  4. xandesiso di:

    A VER SI OS JORXAS E JARJANTAS FISTERRANAS EMPEZAN A RECLAMAR E PEDIR O QUE OS CATRO HISTORIADORES QUE FALARAN EN MUXIA SON DE DONDE SON . hay de los mios sean bien jodidos.
    DENDE LOGO QUE POUCA ÉTICA TENEN AS NOSAS ASOCIACIONS E REPRESENTANTES POR NON PONER O GRITO NO CEU ANTE SEMEXANTE ATROPELLO DOS DEITOS DOS FISTERRANS
    por que estou en Berlin que si estivera en Fisterra ufffffffffff non ponia freno

  5. CxXMGQRKflnRTgLA di:

    fG1V49 <a href="http://cuaetthqospq.com/">cuaetthqospq</a>, [url=http://tminyizcpyyu.com/]tminyizcpyyu[/url], [link=http://afrqhjnbwvlx.com/]afrqhjnbwvlx[/link], http://tzobwruuzpvj.com/

:

:
:

« Anterior Post
Seguinte Post »