Morreu Avelino Abuín de Tembra

publicado o 02 Marzo de 2009 ás 20:44 por Modesto Fraga.

[ Imprimir :: Enviar a un amigo ]

avelino_abun_de_tembra

Esta pasada madrugada faleceu en Santiago de Compostela Avelino Abuín de Tembra; poeta, escritor e intelectual comprometido coa causa galeguista, un bo e xeneroso dos de antes, dos de sempre.

Unha vez máis, a fatalidade, a traizón e a inxustiza con que a morte aparece nos momentos máis inoportunos quixo levarnos a Avelino nas horas da resaca electoral do triunfo da dereita conservadora, xusto cando máis precisamos da compaña de persoas coma el, homes de moral íntegra e decidida a prol da causa da nosa identidade nacional.

Amigo Avelino, hoxe, neste día triste, quero que saibas, esteas onde esteas, que sempre seguiremos o teu exemplo, a túa voz, o teu maxisterio. Agradézoche, desde esta beira do cosmos, as túas sempre xenerosas  palabras de ánimo, os teus sabios consellos, a absoluta coherencia que significou unha vida (a túa) adicada a Galiza. Porén, sempre vivirás nos nosos corazóns, no noso recordo, na ilusión de soñarmos unha patria liberada, dona de seu, orgullosa e soberana: o que ti sempre soñaches e polo que loitaches ao longo do teu paso pola vida. Até sempre, meu amigo.

MÁIS INFORMACIÓN EN VIEIROS


Hai 2 Comentarios sobre este texto:

  1. Arraiano di:

    Que a Terra lle otorgue un lugar de honor

  2. Xoán S. Pazos di:

    Algúns morren de amor á terra, coma Avelino. Que as musas o manteñan para sempre no Parnaso e, o que é máis importante, que a súa loita e a de xente coma el nunca se esqueza, senón que sirva coma basa da columna da liberdade desta nosa terra.
    Gracias, Avelino, por adicares a túa vida ao ben deste país.

:

:
:

« Anterior Post
Seguinte Post »