Dous anos sen Alejandro Finisterre

publicado o 28 Febreiro de 2009 ás 11:26 por Modesto Fraga.

[ Imprimir :: Enviar a un amigo ]

O pasado día 9 de febreiro cumpríronse dous anos do falecemento, en Zamora, do intelectual fisterrán Alejandro Finisterre. Co gallo da efeméride, rescato este vídeo colgado en YouTube para, a modo de homenaxe, lembrar unha vez máis a este noso insigne paisano. Agardo que o presente documento audiovisual sexa do voso interese.


Hai 3 Comentarios sobre este texto:

  1. dalit di:

    Súmome á lembranza do grande Alejandro Finisterre con cariño e tamén coa sensación de baleiro que deixan as persoas como él.

  2. Xoán S. Pazos di:

    Alejandro Campos é o persoeiro histórico de máis sona da nosa vila. Está claro que xente coma el deixa pegada sempre, ainda que logo nós lle adiquemos un carrexo onde se amontonan as caixas dun bar prósimo. Iso é o que quere facer Fisterra coa súa memoria: enterrala baixo cascos de coca cola.

  3. Inquieira di:

    Eu tamén sumome a esa lembranza e as esas palabras de Xoán S. Pazos,é triste que Alejandro Campos non mereza máis que o recoñecemento dun carrexo cando el, levou a fisterra sempre nas súas entrañas.Esperemos que non morra entre cascos de cocacola,pero non me extraña nada do que poda pasar no noso fisterra.O mesmo pasou co alcalde Fernández,ata que boa xente coma modesto tomou a iniciativa,(non hay moito tempo ).
    Un saúdo amigos.

:

:
:

« Anterior Post
Seguinte Post »