O ceense Francisco Caamaño (08-01-1963), vén de ser nomeado novo ministro de Xustiza do goberno central. O até agora secretario de Asuntos Constitucionales y Parlamentarios do executivo socialista acaba de ser confirmado polo Presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, como sucesor do polémico Bermejo á fronte da carteira de Xustiza.
Trátase, sen ningunha dúbida, dunha estupenda noticia para a nosa bisbarra e, por extensión, para toda Galicia. Esperemos, porén, que este histórico nomeamento axude a mellorar a imaxe dun ámbito tan sumamente controvertido e difícil como é o de impartir xustiza e que contribúa, coa súa xestión, a mellorar o noso sistema constitucional e democrático.
Vaian, pois, desde aquí os nosos máis sinceros parabéns para este paisano de nós. Noraboa, ministro.




26/02/09 as 05:27
Curioso asunto, sí señor. Bueno, Cée xa ten o seu persoeiro ilustre. A ver canto tardan en sustituir a Rúa H por Rúa Francisco Caamaño, ministro. jejeje.
Ahora en serio, noraboa e moita sorte para este gran político, que non teño o pracer de coñecer pero que polo que me contan parece un tio estupendo.
26/02/09 as 06:02
É unha grata sorpresa, pero a xustiza deste país debe cambiar o seu sentido. Coido que non se está actuando con demasiado equilibrio nin rapidez; é unha dura responsabilidade. Espero que o leve ben e deséxolle moita sorte. Un saúdo
26/02/09 as 07:15
E unha gran noticia que a costa da morte conte cun ministro.Que dios o colla confesado por que hai moito que facer e que cambiar,pero bueno co apoio de todos e co seu bo facer seguro que tira pa´diante.un saudo amigo.
26/02/09 as 08:04
Enhoraboa
26/02/09 as 08:19
Noraboa o Sr Caamano polo seu nomeamento como ministro de xustiza e para nos debe de ser un orgullo sexa do partido que sexa pois de seguro que a nosa bisbarra verase aoiada directa ou indirectamente .
Creo que e unha gran nova para toda a comarca ademais se alguen lele o curriculum do Sr Caamano hay que decir que un top 10 das persoalidades nacidas nista bisbarra nos ultimos 50 anos
27/02/09 as 02:58
Felicidades al ministro y mucha suerte.
25/04/10 as 03:05
omQ2eg <a href="http://bncyxpdjynrx.com/">bncyxpdjynrx</a>, [url=http://skpdhqheyjwb.com/]skpdhqheyjwb[/url], [link=http://eokraqmqcegw.com/]eokraqmqcegw[/link], http://cuvnktlcznch.com/