Aulas no camiño

publicado o 20 Xullo de 2005 ás 12:39 por Modesto Fraga.


Aulas no camiño
Cinco autores llevan la poesía al final del Camiño
Carballo
El mirador | Recital en Fisterra
La iniciativa promovida por la Universidade de A Coruña contribuye a promocionar el tramo final de la Ruta Xacobea
María Goás | carballo


La iniciativa Aulas no Camiño, que promueve la Universidade de A Coruña, vuelve a concluir este año su programa en Fisterra, con un recital poético a cargo de los autores Modesto Fraga, Xosé Leira López, Rosa Méndez, Eva Veiga y Alexandre Nerio, que tendrá lugar a las ocho de esta tarde en el Faro.




E por que non Valentín Paz Andrade?

publicado o 15 Maio de 2005 ás 18:16 por Modesto Fraga.


Paz Andrade
Certamente, como cada ano nestas datas, soan os nomes de sempre como candidatos cuase eternos ao Día das Letras Galegas. Uns posiciónanse no bando dos eruditos, outros no dos narradores, aqueloutros polos estudosos da cousa lingüística e algúns (só algúns) polos poetas. Mesmamente hai tamén, agora, quen estira a corda até outras latitudes sobexo menos literarias e apostan polo cinema: Chano Piñeiro, seica. En fin.

E eu que desfruto coa forza lírica e maxestuosa de Xosé María Díaz Castro, nese seu templo literario que é o soneto "Penélope", onde di: "Un paso adiante e outro atrás, Galiza/i a tea dos teus sonos non se move (...)", penso: pero como é posible? Ou cando reparo, levemente, nos versos concisos e esperanzadores de Lois Pereiro en "Poesía última de amor e enfermidade", por non falar da "Galicia infinda" de Delgado Gurriarán ou dos poemas (case descoñecidos) de María Mariño, que tiven a sorte de descubrir grazas a un dos primeiros números da revista "Dorna" que caeu nas miñas mans. E poderiamos estar así moitos días apuntando nomes e máis nomes ao noso grande Día das Letras.




En Cataluña hai moito interese pola poesía galega

publicado o 11 Maio de 2005 ás 12:15 por Modesto Fraga.


Modesto

«En Cataluña hai moito interese pola poesía galega»
Carballo

Entrevista | Modesto Fraga Moure Participou nunhas xornadas culturais en Barcelona xunto con outros autores

s. g. | carballo
O Festival Internacional de Poesía remata hoxe en Barcelona. Trátase dun ciclo anual que, baixo o título -en catalán- de B arcelona Poesía. Siete días de poesía a la ciudad , esta vez estivo dedicado á poesía galega actual, coa presenza de Miguel Anxo Fernán Vello, Luís González Tosar, Yolanda Castaño, Xabier Castro, Ana Romaní, Manuel Rivas e Modesto Fraga. O fisterrán participou no recital que se celebrou o domingo, e onte xa estaba de volta na casa. -¿Que tal a experiencia? -Excelente, foi unha marabilla. Eu participei no recital con Fernán Vello, Yolanda, Tosar e Xabier nun local fantástico como o claustro da Casa de la Convalescència, cunha ambientación a base de velas, con moi boa acústica. -¿E había xente? -Moitísima. Eu creo que nunca fun a un recital onde houbera tanta. Moita de Cataluña e moita de Galicia, e tamén unha destacada presenza internacional.




El mundo al otro lado

publicado o 01 Marzo de 2005 ás 12:09 por Modesto Fraga.


El mundo al otro lado

La poesía de la Costa da Morte se hace más internacional
Carballo

Un texto de María Lado se traduce al ruso y Miro Villar y Modesto Fraga editan en Castilla

La poesía de la Costa da Morte tiene cada día un prestigio mayor. Entre los precedentes del Batallón Literario y entre las firmas más importantes de la comarca, destacan algunas plumas como la de María Lado. La poetisa ceense ha trascendido con sus versos no sólo las fronteras gallegas, sino casi las europeas. Sus versos pueden leerse, para quien sepa hacerlo, en ruso, gracias a una traducción realizada por Elena Zernova en el Centro de Estudos Galegos de la Universidad de San Petersburgo.




PREMIERE RENCONTRE DE POESIE ET DE POETIQUE GALICIENNE,

publicado o 05 Decembro de 2004 ás 11:43 por Modesto Fraga.


Coincidindo co seu cuarto ano de existencia, a Casa de Galicia en Toulouse, en colaboración coa Universidade de Toulouse II, celebrou o Primeiro encontro de poesía e poéticas galega, occitana e catalana




Enfocar poesía na internet

publicado o 21 Outubro de 2004 ás 13:32 por Modesto Fraga.


Seis autores de la zona figuran en antología de poesía gallega de una revista digital especializada
La Voz de Galicia Carballo

La revista digital Enfocarte, especializada en arte y cultura, acaba de publicar una antología de joven poesía gallega en la que figuran seis autores de la Costa da Morte. La selección está prologada por la filóloga Teresa Seara. La publicación puede consultarse en la dirección www.enfocarte.com.




Ramón Vigo Vázquez

publicado o 11 Setembro de 2004 ás 18:36 por Modesto Fraga.


HAI MOMENTOS na vida nos que cómpre gardar silencio, fuxir na procura das montañas, dirixirse a ningún sitio e ficar alí sen máis paisaxe que a memoria. En certo modo a propia existencia é así. Todos imos irremediablemente a ningunha parte, somos e imos en función da marea. Unhas veces subimos -as menos- e outras devalamos, e así, errantes, dun lugar a outro, camiñamos polo mundo sen máis roupa que a equipaxe diaria que nos fai ser, existir, a fin de contas.




Descordo de amor por Occitania

publicado o 28 Xullo de 2004 ás 12:46 por Modesto Fraga.


Descordo de amor
Descordo de amor por Occitania
Carballo
ANDÉN LITERARIO

FAI UNHAS semanas celebrouse no Mosteiro de Samos -por vez primeira na historia de ámbalas literaturas- un encontro de irmandade entre Occitania e Galicia. Dúas culturas historicamente vencelladas, unidas hoxe polo maltrato da contemporaneidade e coa mirada en permanente incógnita perante o devir máis inmediato. E velaí a palabra. No val de Samos, nas apacibles terras que outrora acolleron a figuras tan significativas do noso patrimonio intelectual como Martín Sarmiento, Manuel Murguía ou Ramón Cabanillas.




Versos a Palestina

publicado o 09 Xaneiro de 2004 ás 13:26 por Modesto Fraga.


Intifada

Tres escritores de la Costa da Morte participan en una antología poética en homenaje a Palestina

La Voz de Galicia Carballo

Los escritores Miro Villar, Rafa Villar (Cee) y Modesto Fraga Moure (Fisterra) son tres de los autores con obras incluidas en la antología poética titulada Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, editada por la Fundación Araguaney, que preside el empresario compostelano Ghaleb Jaber Ibrahim.
En este libro colaboran 58 autores gallegos contemporáneos, en la segunda oportunidad en la que los autores de Galicia se manifiestan, y toman partido, por la causa palestina. La primera vez fue hace quince años, en 1989, en un volumen similar editado por la misma fundación.




Unha cita co mar de Alexandre Nerium

publicado o 09 Xaneiro de 2004 ás 12:53 por Modesto Fraga.


Unha cita co mar
Carballo
«NO TRANSITO: as gamelas encalladas na rampla/ as pezas encascadas ennegrecendo a area». Así, con esta intensidade, con este devalo lírico, comeza o poema Sentinelas da brisa , un templo arquitectónico máis do non menos arquitectónico templo que é o poemario Vogar de Couse de Alexandre Nerium, que o seu autor presenta en Fisterra.

Vogar de couse

Será unha festa da palabra, unha marea de calor e amizade. Sería inxusto, pois, que aproveitando a xenerosidade desta columna, desta vizosa palaxa cultural que sempre nos brinda La Voz, falase eu dos magnos poemas que atestan o libro e non escoitalos, non oílos, non sentilos do peito e da voz de Alexandre Nerium. ¿Para que reseñar ou analisar verso a verso se temos a oportunidade de convocar todo o espírito que cabe en cada sílaba, desgranar as vísceras e sentir a emoción da singradura do acto en vivo? Serìa como chegar a terra coas nasas derrotadas pola carnada podre. Sen asinar peixe do mar, levantar caseas, regresar a porto coas mans feridas pola loita desigual coa costa sería, de certo, como engulir auga salgada e nada que pesar na lonxa.


« Anterior || 1 | 2 | 3 |...| 29 | 30 | 31 | 32 || Seguinte »