A poesía é escola de tolerancia

publicado o 23 Maio de 2006 ás 18:40 por Modesto Fraga.


20060523brinesacademiaTal como estaba previsto, o mestre, o poeta, o entrañable amigo Paco Brines tomou posesión o pasado domingo da súa cadeira na “Docta Casa” das letras cervantinas. Ante a atenta mirada dun público entregado, o autor de "Las brasas" e "Aún no" artellou un memorable discurso titulado “Unidad y cercanía personal en la poesía de Luís Cernuda”. Iso e maila impresión que a un lle queda de ter asistido a un acto histórico para as letras universais.

Está claro que na obra do poeta valenciano a poesía do andaluz é unha obsesión permanente. Mais con todo, o realismo e o moralismo como eixos da personalidade lírica de Brines pouco ou nada teñen que ver coa angustia existencial e vital do autor de “La realidad y el deseo".

Ocupa Francisco Brines a cadeira que deixara, por mor do seu falecemento, o dramaturgo Antonio Buero Vallejo. E a modo de homenaxe, o poeta, como mostra de respecto, adicoulle boa parte do seu entusiasta discurso.




Grazas amigo Santi

publicado o 22 Maio de 2006 ás 18:06 por Modesto Fraga.


O xornalista de La Voz de Galicia, Santi Garrido, concienciado, como de costume, coa súa particular promoción da literatura da nosa bisbarra, publicou no xornal coruñés esta nova que, por suposto, moito lle agradecemos dende aquí. Velaí vai reproducida na súa totalidade:

Miro Villar participa nun novo libro e Modesto Fraga espállase cunha web
La Voz de Galicia Carballo
(s. g. | carballo)

Son dous dos máis activos escritores da Costa da Morte. Ou senón, arriscando: son os máis activos. Ata costa seguírlles a pista. A Miro Villar , porque entre que é contista -publica moitos contos-, investigador -ten unha morea de traballos co catedrático de Filoloxía Alonso Montero , por citar algo-, poeta e profesor no instituto de Fisterra, non da a basto (nin a ouros). Pero, hai que intentalo: velaí vai a súa última obra, a que está incluída en Contos de vermes, libros, princesas e parrulos . Hai textos de Xosé Miranda , Xosé Antón Perozo , Heidi Kühn-Bode e del mesmo. Ilustra Víctor Rivas e edita a Xunta. Aos nenos de ata sete anos, gustaralle. Se cadra aos outros, aínda máis. E ten só 58 páxinas, algo moi importante na literatura contemporánea.




Francisco Brines académico da RAE

publicado o 19 Maio de 2006 ás 10:50 por Modesto Fraga.


Francisco Brines


Este domingo, día 21 de maio, o grande poeta e amigo Francisco Brines, tomará posesión da súa cadeira como Académico electo da RAE. Será a partires das sete da tarde no emblemático edificio da rúa Felipe IV da capital de España.




Na voz dos poetas

publicado o 15 Maio de 2006 ás 17:12 por Modesto Fraga.


Cartaz Na voz dos poetas
O pasado venres celebramos en Compostela un espectáculo poético-musical titulado "Na voz dos poetas". A palabra correu por conta dos escritores Marilar Aleixandre, Antón L. Dobao, María do Cebreiro, Modesto Fraga, Luís G. Tosar, Úrsula Heinze, Román Raña e Miro Villar. Da música encargáronse Xesús Vaamonde, Xosé Luís Bugliot, Fernando Docampo e Xosé Luís Romero. Da organización, o PEN Clube de escritores de Galicia.
O público vibrou. As emocións desbordáronse. O corazón latexou a un ritmo frenético. Un acto inesquecible.

Nos próximos días terán lugar novas actuacións do espectáculo en vilas e cidades do país como Santa Comba (A Coruña), Vilagarcía de Arousa e Ourense. "Na voz dos poetas" non é unha simple mestura de música e de palabras, senón unha experiencia novidosa na que, a partir de cada un dos textos poéticos, van xurdindo diferentes melodías de música tradicional. Nada mellor, pois, para unha ensamblaxe artística onde a música e a poesía destacan individual e colectivamente, onde se conxugan tradición e modernidade.




Ata sempre, amigo Louzán

publicado o 13 Maio de 2006 ás 14:06 por Modesto Fraga.


La Voz de Galicia Carballo
IN MEMORIAM

SEMPRE pensei que o tránsito entre a vida e a morte, entre a luz e a sombra, entre a realidade e o misterio, era algo máis que a estraña perplexidade da certeza final que nos agarda. En definitiva, desde tempos inmemoriais, o animal racional que todos somos non deixou de preguntarse -unhas veces desde o coñecemento vital e científico, outras desde a necesidade espiritual, sen máis- o por que de tanto misterio no que atinxe á fin da vida biolóxica de cada un de nós. E nesa controversia -digo- confluíron os homes e mulleres primixenios, os da Idade Media, os do Renacemento e a Ilustración e, por suposto, os da contemporaneidade.




O libro de Fraga e os seus discípulos na corte

publicado o 03 Maio de 2006 ás 18:43 por Alejandro Conde.


O libro de Fraga e os seus discípulos na corte


BAIXO O suxerente título «Manuel Fraga elige Fisterra para titular su último libro», o xornalista de La Voz Santiago Garrido asina un irónico e interesante artigo arredor da cuestión lingüística e das continuas humillacións a que é sometido o noso idioma por parte do goberno local. Xa empeza a ser unha reitereda tomadura de pelo a todos os fisterráns o feito de que, ano tras ano, con motivo da Semana Santa, os mesmos personaxes dirixentes escuden na desobediencia o que, por lei, é un deber e un dereito de todos os cidadáns de Galicia.




QUIÉN Y QUÉ Modesto Fraga, Neria y Fernán Vello, a vueltas con la poesía de la comarca

publicado o 03 Maio de 2006 ás 18:40 por Alejandro Conde.


Modesto Fraga, Neria y Fernán Vello


(Lugar: s. g. r. | carballo)
Dentro de poco, con seguridad antes de la Feira do Libro de Cee, en agosto, estará en las librerías la recopilación antológica De Pondal ao batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte , un texto de 200 páginas con creaciones de 26 autores.




Feísmo urbanístico en Fisterra

publicado o 16 Abril de 2006 ás 12:37 por Modesto Fraga.


Unha imaxe típica no país


La Voz de Galicia Carballo

O anuncio do Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, de crear unha Axencia de Protección da Legalidade Urbanística supón un paso alentador a prol da defensa dos nosos bens naturais, tan mal tratados, dito sexa de paso, por politiquillos, contratistas e demais castes especuladoras.
Xa ía sendo hora de que alguén, independentemente da súa cor política, puxese orde nunha das maiores traxedias que o noso país vén padecendo nos últimos tempos : a especulación salvaxe, a indiscriminada invasión de cemento por todas partes.




De Pondal ao Batallón Literario

publicado o 28 Marzo de 2006 ás 11:59 por Modesto Fraga.


Neria editará a antoloxía poética dos escritores da Costa da Morte

Eduardo Pondal


La Voz Carballo

A coordinación é de Modesto Fraga e Miro Villar

Conterá textos de 26 autores, de Pondal
| la voz | carballo

Este é o título provisional da primeira antoloxía da historia sobre autores da bisbarra, que se presentará en breve (de seguro, antes do verán) e aprobarase esta mesma semana pola comisión permanente de Neria, entidade responsable da súa publicación. Ao mellor, tamén será a editora, pero este é un punto que aínda haberá que decidir. A alternativa é Espiral Maior, tal vez a principal editora de poesía de Galicia, e coa que xa houbo conversas.




Poetic@rte. A danza das palabras

publicado o 25 Xullo de 2005 ás 11:16 por Modesto Fraga.


Poetic@rte. A danza das palabras


Trátase dunha actividade literaria novidosa, singular e, á vez, heteroxénea, concebida para fomentar o uso da lingua galega a través das diferentes formas de expresión artística: a poesía, a danza e a música.


« Anterior || 1 | 2 | 3 |...| 28 | 29 | 30 | 31 | 32 || Seguinte »