publicado o 16 Xuño de 2010 ás 10:34 por Modesto Fraga.
Vén de saír á rúa estes días unha interesante antoloxía poética, Erato bajo la piel del deseo (Sial, 2010), coordenada por Pura Salceda, na que se recollen textos de autores das literaturas castelá, galega e catalana. Son, nada máis e nada menos, que 90 poetas de hoxe, desde Luís Eduardo Aute pasando por Miquel de Palol, Cristina Peri Rossi, Xosé Luís Méndez Ferrín, Joan Margarit, Yolanda Castaño, Helena Villar Janeiro, Miguel Anxo Fernán Vello, Francesc Parcerisas ou Luz Pozo Garza, entre outros.
A obra, que xa foi presentada a pasada semana no marco da Feria do Libro de Madrid, será dada a coñecer en Galicia o vindeiro mes de setembro en Santiago de Compostela, acto no que temos previsto participar os poetas galegos incluídos no volume.
publicado o 01 Xuño de 2010 ás 14:03 por Modesto Fraga.
Despois do prepotente e brutal ataque militar israelí ao grupo humanitario que o pasado domingo levaba axuda á franxa de Gaza, e que supuxo a morte de varias ducias de persoas, acudo á palabra e á voz de Silvio Rodríguez co único propósito de soñar coa esperanza dun mundo máis tolerante, máis xusto, máis de todos/as. Iso si, un mundo, a poder ser, menos imperialista, menos capitalista, menos xudeo, menos sionista. Por iso apelo a un dos grandes da música. Por iso creo, por iso soño, por iso fago miñas palabras como:
"Te convido a creerme/ cuando digo futuro. Si no crees mi palabra/ cree en el brillo de un gesto/ cree en mi cuerpo, cree en mis manos, que se acaban. Cree en la tierra, cree en la lluvia, cree en la sabia (...).